Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 2001 Páx. 356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTE CALDELAS

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle de reaxuste de aliñacións sito na nova vía entre a rúa Manuel Cordo Boullosa e a rúa González Besada de Ponte Caldelas.

O Pleno da Corporación, na súa sesión de 10 de novembro de 2000, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para reaxuste de aliñacións sito no novo vial entre a rúa Manuel Cordo Boullosa e a rúa González Besada de Ponte Caldelas, conforme o proxecto presentado por Promociones Caldelas, S.A., e redactado pola arquitecta Teresa Taboas Veleiro, consonte o informe e demais documentación que consta no expediente administrativo e nos mesmos termos da súa aprobación inicial.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non puideran ser notificados personalmente.

Contra o acordo de aprobación definitiva, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno da Corporación no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Ponte Caldelas, 4 de decembro de 2000.

Fidel Rodríguez Toubes

Alcalde