Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 2001 Páx. 355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2000 pola que se anuncia poxa para a contratación da concesión dos locais sitos nos baixos da ponte.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Área de Comercio.

1.3. Número de expediente: XXXXX.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: poxa para a contratación da concesión dos locais sitos nos baixos da ponte.

2.2. División por lotes:

2.3. Lugar de execución: Ourense.

2.4. Duración máxima: 20 anos.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: poxa á alza.

4. Orzamento base da licitación:

4.1. Importe total: canon mínimo para os locais de 35 m: 25.000 pesetas/mes, IVE incluído (150,253 euros). Canon mínimo para o resto dos locais: 30.000 pesetas/mes IVE incluído (180,304 euros).

5. Fianzas:

5.1. Provisional: 150.000 pesetas (901,518 euros).

5.2. Definitiva: 300.000 pesetas (1.803,036 euros).

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: Área de Comercio do Concello de Ourense.

6.2. Enderezo: Praza Maior, 1.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 26.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica, e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo IX do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na praza Maior, 1, de 9 a 13 horas.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: Praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte ó de apertura das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 21 de novembro de 2000.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde