Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 2001 Páx. 302

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

INSTRUCCIÓN do 5 de xaneiro de 2001 para a aplicación do artigo 10.1º do Real decreto 3454/2000, polo que se establece e regula o programa integral coordinado de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles ós animais.

Co fin de facilita-la implantación do artigo 10.1º do Real decreto 3454/2000 polo que se establece e regula o programa integral coordinado de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles dos animais e co obxecto de garati-lo cumprimento estricto do seu contido, establécense, a través desta instrucción conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e de Sanidade e Servicios Sociais, os sistemas procedementais axeitados ás características técnicas e comerciais das explotacións gandeiras de Galicia.

Con tal fin díctanse as seguintes normas:

1ª O certificado recollido no anexo I desta instrucción pode ampara-la aptitude dun ou de varios animais no caso de que procedan dunha mesma explotación. De iren dirixidos a diferentes matadoiros ou feiras, poderán facerse copias compulsadas do certificado nos servicios veterinarios oficiais das feiras gandeiras, concellos ou outras unidades administrativas de acordo coa normativa ó respecto.

2ª O destino que se consignará no certificado poderá ser tamén unha feira de gando, sempre que a documentación complementaria do animal garanta a súa trazabilidade ata o matadoiro.

3ª A validez do certificado será semanal e o servicio oficial veterinario do matadoiro poderá esixir do tenedor final do animal unha declaración xurada, segundo o modelo do anexo II desta instrucción, para o caso de que no transcurso dese período teña pasado por outras explotacións ou existan dúbidas razoables de ter recibido tratamento veterinario ou alimentación non controlada.

4ª A certificación veterinaria, axustada ó modelo do anexo XI do Decreto 3454/2000, cos requisitos previstos no seu artigo 10.1º, tamén poderá expedirse axustada ó modelo do anexo I das presentes instruccións, na que a declaración xurada deberá realizarse no modelo do seu anexo II.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2001.

Cástor Gago ÁlvarezJosé Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Agricultura,Conselleiro de Sanidade

Gandería e Políticae Servicios Sociais

Agroalimentaria

ANEXO I

Certificación veterinaria sobre animais da especie bovina, ovina ou caprina, destinados ó matadoiro

Quen asina, ..., veterinario oficial/veterinario habilitado asignado á explotación gandeira... certifica que os animais da especie... coa seguinte identificación... e destinados ó matadoiro/feira... non presentan síntomas clínicos de ningunha das enfer-

midades relacionadas no artigo 5 do Real decreto 147/1993, e respectáronse os prazos de espera prescritos para os tratamentos autorizados, segundo consta no rexistro da explotación, en cumprimento do disposto no artigo 8 do Real decreto 1749/1998, e polo tanto considéranse aptos para o seu sacrificio con destino ó consumo humano.

Así mesmo, con base na declaración xurada do tenedor, conclúese que na explotación non se produciu ningunha incidencia, nos últimos trinta días, que faga pensar na presencia dunha presunta patoloxía que puidese face-los animais non aptos para o seu sacrificio con destino ó consumo humano.

En... o... de... de 20...

Asdo....

Rísquese o que non proceda.

ANEXO II

Declaración xurada

D./Dona..., na súa calidade de tenedor/a do/s animal/ais da especie

1 Bovina 1 Ovina 1 Caprina

Con destino a... e con número/s de identificación..., procedente da explotación gandeira con número de rexistro... e acreditación sanitaria..., situada na localidade de..., concello de..., da provincia de...

Declara baixo a súa responsabilidade:

1º Que o animal/ais anteriormente descrito/s non presenta/an na data desta declaración, nin nos últimos trinta días, ningún sinal de enfermidade, polo que non se puidera/n considerar apto/s para o seu sacrificio con destino ó consumo humano.

2º Que se respectaron, de se-lo caso, os prazos de espera prescritos para os tratamentos autorizados, segundo consta no libro rexistro de tratamentos da explotación.

3º Así mesmo, na explotación enriba descrita non se produciu nos últimos trinta días ningunha enfermidade que implique que este/s animal/ais non puidera/n ser destinado/s ó consumo humano.

..., ... de... de 200...

Asdo.:DNI nº: