Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 2001 Páx. 292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESURES

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, con data do 28-12-2000, acordou inicia-lo expediente relativo ó proxecto de expropiación por taxación conxunta dos terreos anexos ó CPI Infesta, de 5.011 m, para dedicar á ampliación do patio escolar, por un importe total de 4.745.395 pesetas.

O expediente está exposto a información pública nas oficinas do concello polo prazo dun mes, de acordo co disposto no artigo 145 da Lei do solo de Galicia.

Pontecesures, 28 de decembro de 2000.

Manuel Luis Álvarez Angueira

Alcalde