Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 2001 Páx. 292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

Obxecto: contratación por concurso, procedemento aberto, do proxecto de reposición de pavimentos FCL/2000. Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: secretaría. Obxecto do contrato: reposición de pavimentos incluídos no proxecto do enxeñeiro técnico municipal, Brea Villaverde e mailas melloras que se poidan ofertar. Prazo de execución: catro meses.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso. Tipo de licitación: 25.702.865 pesetas. Garantía provisional: 514.057 pesetas. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación máis unha garantía complementaria equivalente ó 4% das melloras ofertadas. Obtención de documentación: na secretaría xeral. Información: chamando ó Concello da Estrada, teléfono: 986 57 01 65, extensión 15.

Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, na oficina de plicas da secretaría xeral, das 9 ás 13 horas; se o último fose sábado ou inhábil, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte. Presentación

de ofertas: en tres sobres: no sobre nº 1 presentarase a documentación que se establece no prego de condicións. Sobre nº 2, oferta económica, adaptada ó modelo. Sobre nº 3, melloras ó proxecto, en realización doutros accesos segundo anexo ó proxecto e valoración que se fixa no prego. Apertura: en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte. Os pregos íntegros, publicados no BOP do 21-12-2000, remitiranse por fax ós que o soliciten.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 22 de decembro de 2000.

O alcalde

Rubricado