Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 2001 Páx. 282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 28 de novembro de 2000, da Área de Servicios Sociais da provincia da Coruña, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre prestacións de LISMI, Real decreto 383/1984, que se relacionan no anexo.

En uso das competencias sobre as prestacións da LISMI atribuídas no artigo 43 do Real decreto 383/1984, do 1 de febreiro e polo Real decreto 258/1985, do 23 de xaneiro, ó resultar falidas as anteriores notificacións por correo e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 4/1999, de 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro) que modifica parcialmente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícase a cada un dos abaixo citados a resolución dictada trala revisión dos seus expedientes pola delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de esta provincia.

Contra esta resolución poderá interpoñer reclamación por escrito perante esta delegación provincial formulando as alegacións e achegando as probas que estime convenientes no prazo de 15 días a partir do seguinte a esta publicación. Se no prazo indicado non presentou reclamación poderá interpoñer, dentro do mes seguinte, recurso de alzada perante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, directamente ou a través desta delegación provincial, conforme o artigo 114 da Lei 4/1999, antes mentada.

A Coruña, 28 de novembro de 2000.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Solicitante: Rey Sánchez, Daniel Fco.

DNI: 33.119.379.

Resolución: extinción por suspensión definitiva.

Causa: non achega-la declaración anual.

Fundamentos: artigo 29, 30.6º e 31.6º do R.D. 383/1984.

Solicitante: Varela Esmoris, Eladio.

DNI: 32.383.105.

Resolución: extinción por suspensión definitiva.

Causa: non achega-la declaración anual.

Fundamentos: artigo 29, 30.6º e 31.6º do R.D. 383/1984.

Solicitante: comunidad de herdeiros de Visitación Vila Suárez.

Resolución: declarar indebidamente cobradas as mensualidades do 1-1989 ó 10-1999 das prestacións LISMI, por un importe de 5.063.322 pesetas.

Causa: cobra-lo subsidio de Manuel Vila Suárez tralo seu falecemento.

Fundamentos: artigo 30, 31, 41 e 43 do R.D. 383/1984. Artigo 1895 e seguintes do Código Civil. Artigo 45 Lei da Seg. Soc. R.D.L. 1/1999, do 20-6.