Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2000 pola que se anuncia concurso para a contratación da obra 1ª fase tratamento de humidades no soto do edificio da deputación.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da referida obra por importe de 19.998.291 pesetas.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: grupo C, categoría b; grupo J, subgrupo 4, categoría b; e grupo K, subgrupo 7, categoría b.

Prazo de presentación de plicas: vinteséis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 10.30 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 28 de decembro de 2000.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado