Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da U.E. IV-10 Ramón Nieto, 4 (expediente 5003/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 27 de novembro de 2000, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da U.E. IV-10 Ramón Nieto, 4, presentado por Ricardo Estrada Ibars en representación de Eloy e Hijos C.B., redactado polos

arquitectos Pedro de la Puente Crespo, Alberto Cameselle Lago e Javier Martínez Díez, con visados do COAG con datas do 29 de xuño e 29 de agosto de 2000, nos que se incorporan as modificacións resultantes da estimación parcial das alegacións presentadas no período de información pública do expediente e das observacións e obxeccións formuladas pola oficina técnica de planeamento.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse o seguinte recurso:

Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio e publicación no taboleiro de edictos do concello notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 21 de decembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo