Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 2001 Páx. 162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2000, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudio informativo e o estudio de impacto ambiental da nova estrada de conexión da AC-141 coa N-651 e a A-9 en Vilar de Colo. (Clave AC/99/65.1).

Aprobado provisionalmente por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, do 24 de novembro de 2000,

o estudio informativo: «Nova estrada de conexión da AC-141 coa N-651 e a A-9 en Vilar de Colo». Clave: AC/99/65.1, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación desde anuncio no Boletín Oficial del Estado, para o fin de que as persoas que o estimen oportuno, poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas da Coruña, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/ 1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado estudio informativo se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, no Servicio Provincial de Estradas da Coruña, e nos concellos de Fene e Cabanas.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública o estudio de impacto ambiental do mencionado estudio informativo durante o prazo de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/ 1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 442/ 1990, do 13 de setembro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia; estando a exposición ó público para este efecto no Servicio Provincial de Estradas da Coruña, na Dirección Xeral de Obras Públicas e nos concellos de Fene e Cabanas.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2000.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas