Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 2001 Páx. 129

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de decembro de 2000 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial.

Por Orde do 6 de setembro de 2000 (DOG do 18 de setembro), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estableceu axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial.

Reunida a comisión prevista no punto oitavo da devandita orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co punto décimo da orde de referencia,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlles, con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.322T.483.0, ás confederacións, federacións e asociacións de pais de alumnos relacionadas no anexo, as axudas que así mesmo se indican.

Segundo.-Modifica-lo prazo de xustificación establecido no punto décimo primeiro da Orde do 6 de setembro de 2000 (DOG do 18 de setembro) e fixar

novo prazo para a xustificación total da axuda ata o día 31 de decembro de 2000.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2000.

Celso Ramón Currás Fernández

Conselleiro de Educación e

Ordenación Universitaria

Confederación/federación/asociación EETotal

Confapa Galicia1.345.415

Congapa1.575.415

Federación Católica Comarcal de Pais de Alumnos127.000

Federación Provincial APAS Centros Públicos675.000

Federación Provincial de APAS (Fapa)183.000

Federación APAS Centros Ensino Público293.000

Federación de Asociacións de Pais de Alumnos165.000

Federación Provincial de APAS As Burgas305.000

Federación Provincial de APAS de Pontevedra445.000

Federación Cristiana Provincial APAS201.000

Federación Comarcal Fanpas Norte105.000

APA Santiago Apóstol60.000

APA do CEE Carmen Polo60.000

APA Infanta Elena60.000

APA CEE O Pino60.000

APA Joaquina Otero60.000

APA La Ilusión del Valle Miñor60.000

APA do Colexio Juan XXIII60.000

APA Centro Menela60.000

APA Centro San Rafael60.000

APA CEE Saladino Cortizo60.000