Por Orde do 6 de setembro de 2000 (DOG do 18), esta consellería convocou axudas para financia-las actividades das asociacións, federacións e confederacións de alumnos de centros docentes de niveis non universitarios e de acordo coa proposta realizada pola comisión establecida no punto sexto da dita orde,
RESOLVE:
Primeiro.-Concederlle, con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.323A.480.1 á asociación de alumnos Comités Abertos de Estudiantes do IES Pazo da Mercé, das Neves (Pontevedra) unha axuda de 500.000 pesetas.
Segundo.-Modifica-lo prazo de xustificación establecido no punto décimo da Orde do 6 de setembro de 2000 (DOG do 18) e fixar novo prazo para a xustificación total da axuda ata o día 31 de decembro de 2000.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2000.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria