Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data do 12 de decembro do 2000, a modificación puntual do PXOM para o cambio das condicións urbanísticas dos predios onde se situará a futura biblioteca municipal e o seu contorno, redactado polos servicios técnicos municipais.

Exponse ó público polo prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente estará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras, Urbanismo e Servicios, para formula-las alegacións que coide pertinentes.

Narón, 13 de decembro de 2000.

Xoán Gato Díaz

Alcalde