Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión do 29 de setembro de 2000, aprobou inicia-lo expediente de expropia

ción para a adquisición dos bens e dereitos afectados, polo procedemento individualizado pola vía de urxencia, de dous predios incluídos na actuación industrial Río do Pozo, Sector II, sendo o órgano expropiante o Concello de Narón e a entidade beneficiaria SEPES-Entidad Pública Empresarial de Suelo.

Aprobada a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos dos predios:

Predio nº: 200.01.

Titular: Fernández Robles, Hermanos Ramón Franco 40-1º (Ferrol).

Datos dos predios. Datos rexistrais: Tomo 1818, libro 724, folio 222, predio 55918.

Superficie (m). Total: 1.054. Afectada: 1.054.

Aproveitamento actual: monte.

Predio nº: 206.

Titular: Descoñecido.

Superficie (m). Afectada: 43.

Aproveitamento actual: monte.

Sométese a información pública polo prazo de 15 días, contados a partir do seguinte á última publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, Diario Oficial de Galicia ou BOP, co obxecto de que poidan formularse as alegacións ou reclamacións que se estimen oportunas.

Narón, 8 de novembro de 2000.

Xoán Gato Díaz

Alcalde