Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 21 de novembro de 2000, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Manuel Feijóo Ferreira a resolución do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título legal DT-003/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), intentada a notificación no domicilio do interesado (que se relaciona no anexo), sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a Manuel Feijóo Ferreira a resolución do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título legal DT-003/2000, incoado ó abeiro do disposto no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial, e no artigo 138.2º do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento das vivendas de protección oficial.

Contra a citada resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, consonte o disposto nos artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da citada lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución.

«Vistas as actuacións practicadas no expediente de desafiuzamento por ocupación sen título DT-003/2000 e tendo en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 27-4-2000, o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dictou acordo de iniciación do procedemento administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título da vivenda identificada como expte. PO-1-CD/71, cta. 726, sita na rúa Cuntis, nº 8, 5º D en Vigo, contra Manuel Feijóo Ferreira, con base no disposto nos artigos 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial e 138 do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial.

Segundo.-Intentada a notificación persoal sen que se puidese practicar, procedeuse, de conformidade co sinalado no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á notificación do devandito acordo, por medio de anuncios no taboleiro de edictos do Concello de Vigo e no DOG, sen que o interesado presentase alegacións, malia o prazo de quince días outorgado para tal efecto.

Terceiro.-Con data do 26-7-2000, a instructora emite a correspondente proposta de resolución, notificada ó interesado a través da súa publicación no DOG e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo, fronte á cal non formulou ningunha alegación.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-É competente para resolver este procedemento o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en virtude do disposto no Decreto 1929/1976, do 2 de abril, na Orde ministerial do 2 de decembro de 1978 e na circular 3/1991 do IGVS.

Segundo.-A ocupación ilegal da vivenda referenciada pola que se iniciou este expediente constitúe causa legal suficiente de desafiuzamento administrativo, ó abeiro do disposto nos artigos 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e 138.2º do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Vistos os preceptos legais citados, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administacións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 87.2º da Lei orgánica do poder xudicial,

RESOLVO:

Ordena-lo lanzamento de Manuel Feijóo Ferreira, como ocupante sen título da vivenda sita na rúa Cuntis, nº 8, 5º D, en Vigo.

Outorgar un prazo previo ó devandito lanzamento, de quince días, para o desaloxo voluntario da vivenda, transcorrido o cal o devandito lanzamento será efectuado polo representante da entidade colabo

radora Hermanos Alonso Garrán , S.L. con credencial para tal efecto asinada polo delegado provincial, e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares en execución forzosa de actos de Administración, consonte co establecido no artigo 96.3º da Lei 30/1992, incorporada ó expediente, e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Notifíqueselles esta resolución ós interesados, con mención expresa dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei 30/1992. Pontevedra, 9 de outubro de 2000. José Manuel Iglesias Carrera. Delegado provincial de Pontevedra».

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 21 de novembro de 2000.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: DT-003/2000.

Nome: Manuel Feijóo Ferreira.

Feito que se lle imputa: ocupa-la vivenda identificada como expediente administrativo: PO-1-CD/71, conta 726, sen título legal para iso.

Notificación persoal: ausente 20-10-2000 (12.10); 23-10-2000 (11.45).

Último enderezo coñecido: r/ Cuntis, 8, 5º D (Vigo).