Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2000, do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico, pola que se anuncia a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Baxoi ou Anduriña, xunto cos documentos técnicos e ambientais. (Expediente DH.A15.8254 (13.108.2)).

O organismo autónomo Augas de Galicia se somete de novo a información pública a petición de outor

gamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de ata 5.000 kVA de potencia nominal dun tramo libre do río Baxoi ou Anduriña, así como do anteproxecto das obras, proxecto das instalacións eléctricas e estudio de efectos ambientais coas súas separatas correspondentes, facéndose constar naquela a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento pretendido para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes necesarias.

Esta petición e documentación xa se someteu no seu día a este trámite a través da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP da Coruña e de exposición ó público no taboleiro de anuncios do Concello de Vilarmaior. Non obstante, a raíz dun escrito do promotor no que se advirte que na documentación achegada indicaba unicamente na súa redacción como concello afectado o de Vilarmaior, e non facía mención por un erro propio e involuntario de outro termo local afectado como é o de Monfero, é polo que se procede, atendendo a esencialidade do erro cometido e unha vez emendada a omisión dun dos concellos que resulta realmente afectado polas obras proxectadas, mediante a presentación das separatas pertinentes por parte do promotor, a realizar outra vez esta actuación administrativa de exposición pública, tendo previsto aplicar, sempre e cando fora posible, ós actos e trámites efectuados desde o defecto o principio legal de conservación.

No anexo que se inclúe ó final transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado do que figuran os datos máis relevantes que o definen, unha breve descrición das obras e instalacións e a relación concreta na que se recollen os bens e dereitos afectados nos dous concellos onde se sitúan as obras.

Co presente anuncio, para darlle cumprimento ó disposto nos artigos 6 do Real decreto 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co 2.1º do dito Real decreto 916/1985, segundo a redacción establecida polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo, e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental a que nos referimos para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes, persoalmente ou ben por medio do seu

representante con poder ou autorización suficiente.

A presentación dos escritos farase no rexistro xeral de Augas de Galicia, nos das súas demarcacións territoriais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles, e dirixiranse a Augas de Galicia (Praza Camilo Díaz Valiño nº 7-9. 15700-Santiago de Compostela. A Coruña), expresando no escrito o número do expediente sinalado no encabezamento, o domicilio para facerlle as notificacións e o documento técnico ou ambiental ó que se refiran.

O prazo comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación que corresponde facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito período de tempo, non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio tamén será obxecto de inserción no BOP da Coruña e de exposición ó público no taboleiro de anuncios dos concellos de Vilarmaior e Monfero (A Coruña).

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Anteproxecto das obras constitutivas do aproveitamento e proxecto das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e das súas respectivas separatas (polas que se corrixe a omisión inicial) e copia da petición.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Praza Camilo Díaz Valiño nº 7-9; 15700-Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña: Edif. Advos. Monelos. Praza Luis Seoane, s/n. 15008-A Coruña.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente: Rúa dos Feáns, 1-3. 15706-Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais e a súa separata (pola que se corrixe a omisión inicial).

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente na Coruña. Edif. Advos. Monelos, Praza Luis Seoane, s/n. 15008-A Coruña.

* Concello de Vilarmaior. r/ Armada, 1. 15637 -Vilarmaior. A Coruña.

* Concello de Monfero. r/ Rebordelo, 1. 15619 -Monfero. A Coruña.

O pagamento do importe das insercións no boletín e diario oficiais preceptivos deste anuncio será por conta do peticionario.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2000.

Antonio López Blanco

Xefe do Departamento de Xestión do Dominio

Público Hidráulico

ANEXO

-Peticionario e promotor: Cortizo Hidroeléctricas, S.A.

Representante: José Manuel Cortizo Soñora.

Enderezo: Estramundi, s/n. 15900-Padrón. A Coruña.

Denominación do aproveitamento: Central Hidroeléctrica no río Anduriña.

* Os aspectos básicos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 750 l/s.

Corrente de derivación: río Baxoi ou Anduriña.

Tramo ocupado (cotas): 243-89 m.

Desnivel: 154 m.

Altura do azude: 6 m.

Potencia: 976 kVA.

Termos municipais onde se sitúan a toma e demais obras: concellos de Vilarmaior e Monfero (A Coruña).

* Breve descrición das características técnicas principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 18 m (cota de coroación de 245 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager, o labio do cal se encontra á cota de 243 m, cunha lonxitude de vertedura de 10 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo esquerdo unha escala para peixes e a toma do aproveitamento.

A obra de toma encóntrase no estribo esquerdo do azude, que é un bocal consistente nun abocinamento do entubado forzado no paramento augas arriba do azude.

-Entubado forzado.

O entubado de carga discorre pola ladeira esquerda do río desde a toma no azude ata o edificio da central. Está construído en aceiro cun diámetro de 0,9 m e desenvólvese enterrado ó longo de 1.950 m.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 20,25 mx9,7 m situada á cota de 92 m. A estructura do edificio é de formigón armado e cuberta de fibrocemento e tella.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución de aliñación recta, cunha sección rectangular construída en formigón, e a cota de desaugamento de 89 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Un grupo xerador formado por una turbina Pelton de dous chorros, 500 r.p.m., para 0,75 m/s e un

salto de 150,5 m (potencia 1.970 C.V.); o alternador é síncrono de 976 kVA, 6 kV de tensión e 500 r.p.m.

-Aparellos eléctricos e equipos de regulación, control e protección e equipos auxiliares.

* Afeccións:

-Concello de Vilarmaior.

Polígono 31: parcelas 23 a 35, 196 a 199, 226 a 228, 238, 241, 191 á 197; polígono 30: parcelas 9 a 13.

-Concello de Monfero.

-Polígono 33: parcelas 75 a 81, 87 a 95, 97, 129 a 131.

-Polígono 34: parcelas 133, 134, 149 a 159, 163, 167 a 170, 172, 184, 186, 187, 189 a 191, 193 a 196, 199, 206 a 208, 224, 227, 228, 281, 283, 284, 288 a 293, 295, 304, 306 a 318, 325, 326, 347 a 351.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.