Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 93

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2000, dos tribunais números un e dous designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 14 de xuño), polo que se modifica a contestación correcta dunha pregunta do primeiro exercicio tipo test.

En sesión ordinaria celebrada o día 28 de diciembre de 2000, os tribunais números 1 e 2 adoptaron o seguinte acordo:

Detectado erro no modelo de contestación de respostas correctas publicado ó final do primeiro exercicio do proceso selectivo, a resposta correspondente á pregunta 97 de promoción interna é: a) O Goberno.

Igual resposta é para a pregunta 45 de acceso libre.

Anúlase a pregunta número 12 do cuestionario de acceso libre por no ser correcta ningunha das contestacións dadas.

O resultado das puntuacións dos aspirantes aprobados co cambio de resposta correcta das anteriores preguntas expóñense no lugar de celebración da proba e nos taboleiros de anuncios da Consellería de Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2000.

Jaime Bouzada Romero Domingo Bello Janeiro

Presidente do tribunal Presidente do tribunal

número un número dous