Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 48

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO de modificación do PXMO.

O Concello Pleno, na sesión do día 26 de outubro de 2000, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do PXMO para as parcelas nº 291 a 301, na avda. das Mariñas, en Perillo, consistente en:

-Supresión da reserva viaria e da ordenanza 2A na área reflectida en plano.

-Cualificación do ámbito delimitado nos planos como solo urbano de ordenanza 8 de industria urbana.

-Mantemento das aliñacións definidas no vixente Plan xeral.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, do RXAPPAC).

Tamén se poderá contra esta resolución interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa, sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.

Oleiros, 24 de novembro de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta