Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 48

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Lugo, na sesión ordinaria do día 31 de outubro do 2000, aprobou inicialmente o proxecto de construcción da nova Ponte Romai e Camiño da Roca con rotondas de enlace na Duquesa de Lugo e rúa da Fonte, por solicitude da Deputación Provincial de Lugo.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo de quince días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, nº 197) e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 24 de novembro de 2000.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D (Decreto Alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado da área