Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 28 de decembro de 2000 Páx. 17.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 20 de novembro de 2000, aprobou inicialmente o estudio de detalle dunha parcela sita na rúa do Hórreo 85, promovido por Bano Real, S.A.

O ámbito obxecto de ordenación abrangue unha superficie de 1.177,36 m, e está comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: rúa do Hórreo.

Sur: muro en medio, terreos adscritos ó tendido da vía férrea.

Leste: edificio número 83 da rúa do Hórreo, construído pola Cooperativa de Vivendas Inmaculada Concepción.

Oeste: edificio número 87 da rúa do Hórreo.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial da modificación do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Edicto.

De conformidade co previsto no artigo 121.1º da Lei do solo de Galicia, este anuncio servirá de citación, en forma legal, ós propietarios que non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública por descoñecerse a súa identidade ou o seu paradoiro. Para este fin insírese a seguir a relación de propietarios afectados:

-Comunidade de propietarios do número 83 da rúa do Hórreo.

-Comunidade de propietarios do número 87 da rúa do Hórreo.

-Unión Fenosa, S.A.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2000.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo