Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 28 de decembro de 2000 Páx. 17.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO do 7 de decembro de 2000, do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos, de concurso, con procedemento aberto, para a concesión da prestación do servicio de mantemento de cubertas, fachadas, portas, fiestras, xuntas de dilatación e estanquidade e tensores de estructura do Coliseum da Coruña.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Municipal A Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: concesión da prestación do servicio de mantemento de cubertas, fachadas, portas, fiestras, xuntas de dilatación e estanquidade e tensores de estructura do Coliseum da Coruña.

3. Prazo de execución: dous anos prorrogables ata un máximo de catro, incluídas prórrogas.

4. Tramitación: normal. Procedemento aberto. Forma de adxudicación: concurso.

5. Orzamento: 3.900.000 pesetas, IVE incluído máximo.

6. Garantía provisional: 78.000 pesetas.

7. Obtención de documentación e información:

a) Oficinas do IMCE, edificio Coliseum, avda. Alfonso Molina s/n, 15008 A Coruña.

b) Teléfono: 981 13 44 50.

c) Fax: 981 13 60 01.

Data límite de obtención de información e documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de proposicións.

a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de remate do prazo, quedaría automaticamente prorrogado ata o día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do IMCE (oficinas sitas no edificio Coliseum avda. Alfonso Molina s/n, 15008 A Coruña).

10. Apertua de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: Casas do Concello, praza de María Pita, nº 1-2º.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación.

11. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 7 de decembro de 2000.

José Luis Méndez Romeu

Presidente do Instituto Municipal A COruña Espectáculos