Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 28 de decembro de 2000 Páx. 17.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 4 de decembro de 2000, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan propostas de liquidación contidas en actas de desconformidade, comprobacións de valores e aperturas de expedientes sancionadores pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Agustín Fernández Domínguez).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse propostas de liquidación contidas en actas de desconformidade, comprobacións de valores a apertura de expedientes sancionadores pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 56 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Reglamento xeral de inspección dos tributos, artigo 52 da Lei xeral tributaria e artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desde anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 entresollado, Ourense, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para compaarecer.

Ourense, 4 de decembro de 2000.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

Interesado: Agustín Fernández Domínguez.

DNI: 34.603.903N.

Lugar: Feira Vella. 32868 Entrimo.

Procedimiento: proposta liquidación, comprobación valores, apertura expediente sancionador.

Acta: 32/2000/00002-0060.