Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 28 de decembro de 2000 Páx. 17.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2000 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e como expediente anticipado de gasto, da contratación dunha asistencia técnica sobre a execución dos traballos de informes técnicos das actuacións subvencionadas polo Fondo de Cooperación coas Entidades Locais para 2000, correspondentes á provincia de Ourense.

A Consellería de Economía e Facenda, por proposta da Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios, convoca o seguinte concurso público aberto.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

c) Expediente: anticipado de gasto nº 1/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización do traballo de informes técnicos sobre a execución das actuacións subvencionadas polo Fondo de Cooperación coas Entidades Locais para o 2000.

b) Lugar de execución: provincia de Ourense.

c) Prazo de execución: desde a formalización do contrato, once meses naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e como expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 17.349.373 pesetas, IVE incluído, condicionado á aprobación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2001.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento do contrato: 346.987 pesetas.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade: 15702 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 51 32.

e) Telefax: 981 54 51 33.

f) Data límite da obtención: os días e horas hábiles de oficina, ata a finalización do prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasifificación e categoría: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Prazo: comezará o día seguinte ó da data da publicación desta resolución e rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: os licitadores presentarán toda a documentación que se especifica no prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: as proposicións terán que ser presentadas en sobre pechado no rexistro da Consellería de Economía e Facenda ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión, nos termos establecidos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación, redactado segundo o Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.

d) Modelo de proposición: a proposición económica formularase conforme o modelo que se xunta como anexo II ó prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: mesa de contratación da Consellería de Economía e Facenda.

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ás dez horas do décimo primeiro día hábil que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

Os anuncios e demais gastos que orixine este concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda