Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO VAL MIÑOR

ANUNCIO de concurso.

Obxecto: contratación, mediante procedemento aberto, da xestión, explotación e mantemento da piscina mancomunada do Val Miñor, en réxime de concesión administrativa.

Investimento mínimo.

10.000.000 de pesetas.

Garantías.

Provisional: 800.000 pesetas.

Definitiva: 5.000.000 de pesetas.

Duración da concesión.

10 anos, prorrogables.

Exposición do prego de cláusulas.

Terá lugar conxuntamente co anuncio do concurso, podéndose presentar reclamacións a este durante o prazo de oito días hábiles seguintes ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Prazo e lugar de presentación das proposicións.

As proposicións presentaranse o rexistro da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, sita no concello de Baiona, durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. As proposicións deberán axustarse ó modelo contido no prego e deberán conter dous sobres:

a) Oferta técnica e b) Documentación xeral.

Apertura de ofertas.

Ás 13 horas do segundo día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se fose sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

Modelo de proposición.

Don...., con DNI nº...., en nome propio (ou en representación de.....), con domicilio para efectos de notificacións en.... solicita a súa admisión ó concurso convocado pola Mancomunidade do Val Miñor, para a contratación, na súa modalidade de concesión, do servicio de xestión, explotación e mantemento das instalacións da piscina mancomunada do Val Miñor (piscina, ximnasio, sala de ximnasia, sauna e cafetería), segundo anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia nº correspondente ó día, e declara coñece-lo contido do prego único refundido de prescricións técnicas e cláusulas administrativas particulares que rexerá a contratación, o cal acepta integramente, prevalecendo sobre calquera manifestación incluída na proposta ou documentación achegada que o contradiga e, de resultar adxudicatario, comprométese á execución dos investimentos esixidos e á xestión, explotación e mantemento das instalacións deportivas da piscina mancomunada do Val Miñor (piscina, ximnasio, sala de ximnasia,

sauna e cafetería), con estricta suxeición ó prego regulador, pagando o canon establecido, formulando, se é o caso, as seguintes solucións técnicas da proposta:

-Canon anual.

-Investimento que se vai realizar.

-Tarifas propostas.

Lugar, data e sinatura

Baiona, 23 de novembro de 2000.

Benigno Rodríguez Quintas

Presidente da Mancomunidade de Concellos

do Val Miñor