Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente aclaratorio e complementario 1/2000 ó proxecto de compensación do polígono número 42 do PERI do Calvario, referente ás parcelas C-D-F-G-Q. (Expediente 4247/401).

A Xunta de Compensación Urbanizadora do polígono de actuación nº 42 do PERI do polígono do Calvario, o 19 de maio de 2000, acordou aprobar inicialmente o expediente aclaratorio e complementario 1/2000 ó proxecto de compensación da devandita unidade de execución, presentado no rexistro xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo o 20 de setembro ppdo.

De conformidade co establecido no artigo 133.8º, en relación co 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o devandito proxecto a exposición pública polo prazo de vinte días desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que se presenten cantas alegacións ou documentos se estimen por convenientes.

O expediente atópase á disposición do público na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

Vigo, 17 de novembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo