Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador en materia de pesca fluvial P-203/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López e secretario a José Antonio García Blanco, funcionarios desta delegación provincial, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 20 de outubro de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº P-203/2000.

Denunciado: Carlos Díaz Real.

DNI: 33.813.924.

Último enderezo coñecido: r/ San Roque, nº 189, Lugo.

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca con cana, con cebo ou modalidade de pesca non autorizado (cebo composto de tres plumas e boia lastrada no seu interior con chumbo, polo que o aparello descrito arrastra polo fondo), infrinxindo o disposto no artigo 7 da Orde do 20 de xaneiro de 2000 pola que se fixan as normas xerais de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia. Feitos constatados o día 28-6-2000, ás 17.40 h no río Miño-marxe esquerda, lugar de Sta. Isabel, Outeiro de Rei, Lugo.

Precepto sancionador: 33.4º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 10.000 pesetas de multa.