Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-102/2000 incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro de 1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 2 de outubro de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº P-102/2000.

Denunciado: Manuel López Fernández.

DNI: 33.307.847-Y.

Enderezo: r/ San Xulián de Freixo, A Fonsagrada, Lugo.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana sen estar en posesión da preceptiva licencia en vigor, así como non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Consellería de Medio Ambiente ó ter capturadas quince troitas de tamaño inferior ó regulamentario (5-14 cm; 4-13cm; 6-12cm). Feitos constatados o día 1-5-2000, ás 19.25 h no río Córneas, Ponte de San Guñedo, A Fonsagrada.

Precepto sancionador: 34.1º; 33.9º da Lei 7/1992.

Cualificación infracción: menos grave.

Multa: 60.000 pesetas de multa.

Indemnización por danos e perdas: 16.000 pesetas.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dun ano.