Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 231/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, do 25 de abril, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 10 días para presentar alegacións, e no caso de non presentalas segundo o artigo 13.2º

do dito REal decreto 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente sancionador: Secretaría: 231/2000.

Denunciado: Salazones Campos, S.L.

DNI/CIF: B-15.579.238.

Último enderezo coñecido: Entrevías, Martinete, s/n, A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: cento cincuenta mil pesetas.

A Coruña, 31 de outubro de 2000.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña