Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a paralización do inicio do expediente sancionador Secretaría 150/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a paralización do inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incrumprimento da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

Polo que se lle comunica que de acordo co establecido no artigo 4, apartado 6º do Real decreto 1398/1993, se procede á paralización do inicio de novas actuacións administrativas mentres non se resolva o expediente 44/2000, que se iniciou neste servicio na data 10-3-2000, contra o interesado.

Expediente sancionador: Secretaría 150/2000.

Denunciado/a: Fructuoso Álvarez Seoane.

DNI/CIF: 34.397.188-K.

Último enderezo coñecido: rúa de Colón, P-4-4-1A, Ferrol.

A Coruña, 12 de setembro de 2000.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña