Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 21 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/106-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a

urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. Cachamuíña.

Situación: O Pereiro de Aguiar.

Descricións técnicas: liña a 20 kV, de 433 m en conducción aérea máis 70 m subterránea, derivada desde a L.M.T. existente Velle-Ponte dos Gozos ata o seu apoio nº 4 desde onde segue en instalación subterránea ata o C.T. proxectado en caseta prefabricada con 250 kVA, r/t 20.000/380-220 V. Preto da Cristalería Ramos.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar, de non chegaren as partes a un acordo amigable, figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial por duplicado, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar así mesmo por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966 de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Ourense, 21 de novembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 00/106-3Provincia: Ourense

L.M.T. e C.T. CachamuíñaTermo municipal: O Pereiro de Aguiar

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3VasquinasMonte altoJosé Quintana FernándezAvda. de Buenos Aires, 114-3º, 32004 Ourense2172576

4VasquinasLabradíoFrancisco Carballo AnsiaCachamuíña, 32710 O Pereiro de Aguiar2130300

5VaquinasMonte baixoJulio Fernández QuintanaRúa de Blancos, 9, 32004 Ourense1150

6VasquinasMonte baixoAntonio Fernández QuintanaPraza das Mercedes, 10-1º, 32004 Ourense100

7As ChairasLabradíoManuel Vázquez Estévezr/ Pena Trevinca, 27-6º, 32005 Ourense3168340

8As ChairasLabradíoGelasio Araújo Rodríguezr/ Doutor Termes, 24-1º esq., 32004 Ourense37185