Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que fai pública a adxudicación de varios contratos de servicios.

En cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlles publicidade ás adxudicacións que se identifican a seguir:

-Contratación do servicio de vixilancia-seguridade do Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense. Expte. 1/2000SE.

Adxudicatario: Serramar, S.L.

Orzamento: 8.957.448 pesetas.

-Contratación do servicio de vixilancia-seguridade do Centro Residencial Docente (CRD) de Vigo. Expte. 2/2000SE.

Adxudicatario: Empresa Gallega de Seguridad, S.A. (Egase).

Orzamento: 8.474.994 pesetas.

-Contratación do servicio de mantemento no Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense Expte. 3/2000SE.

Adxudicatario: Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza (SAMYL, S.L.).

Orzamento: 11.382.543 pesetas.

-Contratación do servicio de cociña-comedor no Centro Residencial Docente (CRD) da Coruña Expte. 4/2000SE.

Adxudicatario: Antonio Gallego Cid, S.L.

Orzamento: 10.400.000 pesetas.

-Contratación do servicio de cociña-comedor no Centro Residencial Docente (CRD) de Vigo Expte. 5/2000SE.

Adxudicatario: Antonio Gallego Cid, S.L.

Orzamento: 80.174.422 pesetas.

-Contratación do servicio de cociña-comedor no Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense Expte. 6/2000SE.

Adxudicatario: Antonio Gallego Cid, S.L.

Orzamento: 85.465.542 pesetas.

-Contratación do servicio de limpeza do Centro Residencial Docente (CRD) e IESP Manuel Antonio de Vigo. Expte. 7/2000SE.

Adxudicatario: Maconsi, S.L.

Orzamento: 104.880.155 pesetas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2000.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria