Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.866

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros no citado decreto publicado no Diario Oficial de Galicia nº 238, do día 11 de decembro de 2000, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 16.234:

No terceiro parágrafo, liña 5, onde di: «dependentes doutras administracións», debe dicir: «dependentes ou doutras administracións».

No noveno parágrafo, liña 1, onde di: «O capítulo VI recolle», debe dicir: «O capítulo VI completa».

-Na páxina 16.237:

No primeiro parágrafo, liña 3, onde di: «orzamento», debe dicir: «presuposto».

No punto 4 do artigo 9º, onde di: «interesados ou, se é o caso, os seus representantes que, no prazo de dez días», debe dicir: «interesados que, no prazo de dez días».

-Na páxina 16.241:

No punto 4 do artigo 20º, onde di: «Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común», debe dicir: «LRPAC».