Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador EN 44/2000 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación dos expedientes sancionadores por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mª Asunción Buceta Canay.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas pervistas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou achega-las probas que conveñan no seu dereito, advertíndolles que, de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de dárense os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 20 de novembro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: EN.44/2000.

Denunciado: Arturo Solla Durán, enderezo r/ Nicaragua, 5-6º D, Vigo.

DNI: 36.122.780.

Feitos denunciados: circular cun vehículo marca Renault, modelo Express, con matrícula C-3607-AW polas dunas. O vehículo estaba estacionado nas dunas, existindo un cartel informativo da prohibición da entrada ó lugar, polas dunas da praia. Feitos denunciados ás 16.15 horas do día 16 de xullo de 2000, en Viñó, lugar de Barra-O Hío, no concello de Cangas.

Data do acordo da incoación: 27-7-2000.

Precepto infrinxido: 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 20.000 pesetas.

Expediente: EN.68/2000.

Denunciado: Roberto Caride Giráldez, enderezo avda. da Feira, 8, Gondomar-Vigo.

DNI: 76.988.525.

Feitos denunciados: circular cun vehículo de motor por zona de dunas e praia. Os axentes denunciantes observaron como circulaba un vehículo de motor tipo «car», de construcción artesanal, por zona de dunas, non presentando o vehículo ningunha clase de documentación e conducción polo que figura como denunciado. Feitos denunciados ás 12 horas do día 25 de xullo de 2000, na praia Ladeira, no lugar de Sabarís, concello de Baiona.

Data do acordo da incoación: 4-9-2000.

Precepto infrinxido: 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 10.000 pesetas.

Expediente: EN.143/2000.

Denunciado: José María Boto Gil, enderezo r/ Jorge Manrique nº 5, Badajoz.

DNI: 08.860.822.

Feitos denunciados: circular cun vehículo de motor por zona de dunas e praia. Os axentes denunciados observaron o vehículo-ciclomotor marca Aprilia modelo Sonic con matrícula C-6895-BFC existindo un cartel indicando da súa prohibición á entrada do lugar. Feitos denunciados ás 15.40 horas do día 15 de agosto de 2000, nas dunas da praia de Barra, O Hío, no concello de Cangas.

Data do acordo da incoación: 8-9-2000.