Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Cruz do Brasil, no concello de Ponte Caldelas, da provincia de Pontevedra, por parte de Granitos Porrisal, S.L.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que Granitos Porrisal, S.L., con domicilio en Budiño, Mosteiro, O Porriño, presentou nesta delegación provincial, o día 22 de febreiro de 2000, instancia-solicitude do permiso de investigación Cruz do Brasil, de 1 cuadrícula mineira para recursos de granito

ornamental, que se sitúa no termo municipal de Ponte Caldelas, da provincia de Pontevedra, e á que lle correspondeu o nº 2848 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 34' 20"42º 23' 00"

Vértice 28º 34' 00"42º 23' 00"

Vértice 38º 34' 00"42º 22' 40"

Vértice 48º 34' 20"42º 22' 40"

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 17 de novembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra