Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación da concesión directa de explotación Villagarcía, no concello de Vilagarcía de Arousa, da provincia de Pontevedra, por parte de Granitos Fernández Fernández, S.L.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que Granitos Fernández Fernández, S.L., con domicilio en Bendanova, 40, Salceda de Caselas, presentou nesta delegación provincial, o día 19 de xullo de 1999, instancia-solicitude da concesión directa de explotación Villagarcía, de 2 cuadrículas mineiras para recursos de sección C), que se sitúa no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, da provincia de Pontevedra, e á que lle correspondeu o nº 2816 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 44' 00"42º 37' 00"

Vértice 28º 43' 20"42º 37' 00"

Vértice 38º 43' 20"42º 36' 40"

Vértice 48º 44' 00"42º 36' 40"

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 17 de novembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra