Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.839

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas polas resolucións do 7 de xullo e do 14 de xullo de 2000, correspondentes á categoría 33 (coordinador/a de actividades museísticas) (lista B) do grupo I e á categoría 35 (coordinador/a do departamento de comunicación) (lista B) do grupo I.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 11 de decembro de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por Antonia Veiga Prieto, Mª Nieves Rodríguez Vázquez e Mª del Pilar Prieto Rodríguez, contra a Resolución do 7 de xullo e do 14 de xullo de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 33 (coordinador/a de actividades museísticas) (lista B) do grupo I e á categoría 35 (coordinador/a do departamento de comunicación) (lista B) do grupo I.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións das interesadas, procede darlle a debida publicidade ás modificacións provocadas por estas, nas listas publicadas polas resolucións do 7 de xullo e do 14 de xullo de 2000, no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 33 (coordinador/a de actividades museísticas)

(lista B) do grupo I e á categoría 35 (coordinador/a do departamento de comunicación) (lista B) do grupo I, cos seguintes datos:

-Antonia Vega Prieto. DNI: 10.068.333, lista B. Puntuación: 2,250 puntos.

No posto número 6 para o ámbito U0000 na categoría 33 do grupo I.

No posto número 5 para o ámbito U0000 na categoría 35 do grupo I.

-Mª Nieves Rodríguez Vázquez. DNI: 33.308.672. Puntuación: 3,05 puntos.

No posto número 1 para o ámbito U0000 na categoría 35 do grupo I.

-Mª del Pilar Prieto Rodríguez. DNI: 33.308.257.

No posto número 1 para o ámbito U0000 na categoría 33 do grupo I, cunha puntuación de 2,820 puntos.

No posto número 2 para o ámbito U0000 na categoría 35 do grupo I, cunha puntuación de 2,810 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública