Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.839

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 14 de xullo de 2000, correspondentes á categoría 5 (profesor/a titular e outros) (lista B) do grupo II.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 11 de decembro de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por Mª Fátima Mosquera de Valdivieso contra a Resolución do 14 de xullo de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 5 (profesor/a titular e outros) (lista B) do grupo II.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición da interesada, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por esta, nas listas publicadas por Resolución do 14 de xullo de 2000, no sentido de que debe figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 5 (profesor/a titular e outros) (lista B) do grupo II, cos seguintes datos:

-Mª Fátima Mosquera de Valdivieso. DNI 33.265.131, lista B. Puntuación: 2,480.

No posto número 14 no ámbito xeográfico D1500, no posto número 15 no ámbito xeográfico D2700, no posto número 12 no ámbito xeográfico D3200 e no posto número 11 no ámbito xeográfico D3600.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública