Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.838

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 1 de decembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D).

Advertidos erros na referida resolución publicada no DOG nº 240, do 13 de decembro de 2000, procede efectua-las seguintes rectificacións:

Na páxina 16.378:

-No enunciado da devandita resolución, onde di: «...se fan públicas as relacións de admitidos e excluídos», debe dicir; «...se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos...».

-No primeiro parágrafo da parte resolutoria, onde di: «Aproba-las listas de admitidos e excluídos»..., debe dicir: «Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos...».

-No segundo parágrafo, onde di: «A lista de aspirantes admitidos...», debe dicir: «A lista definitiva de aspirantes admitidos...».

Os seguintes parágrafos:

«Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, para emenda-lo defecto que motivase a exclusión».

«Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos».

«Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, co obxecto de formular reclamación».

Deben substituírse polo seguinte contido:

«De conformidade co establecido na base I.3.1, os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, grupo/s ós que se presentou e o número de conta, entidade bancaria e a localidade desta».

«Contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG».