Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.838

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 1 do grupo V (camareiro/a limpador/a, axudante de cociña e outros) (lista B), publicada por Resolución do 16 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 4 de xullo).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 1 do grupo V (camareiro/a limpador/a, axudante de cociña e outros) (lista B), publicada por Resolución do 16 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 4 de xullo), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados, no sentido de:

-Incluír a Divina Varela Varela, con DNI número 32.650.403, no ámbito xeográfico X1502 co número de orde 35, cunha puntuación de 2,350 puntos, e excluíla do ámbito xeográfico X1501.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública