Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.830

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000935/2000, interposto pola Mesa pola Normalización Lingüística.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo 01/0000935/2000, interposto pola Mesa pola Normalización Lingüística, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 9 de agosto de 2000, pola que se desestima o recurso de reposición contra as ordes da devandita consellería do 5 de xuño de 2000, polas que se convocan os procesos selectivos para o ingreso nos corpos superior de Administración, de xestión, administrativo, auxiliar e subalterno da Xunta de Galicia (grupos A, B, C, D e E), respectivamente (DOG números 114 e 115, do 13 e 14 de xuño de 2000).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública