Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, en sesión do 26 de outubro de 2000, aprobou definitivamente o estudio de detalle da parcela hoteleira do solo urbanizable non programado número 6 (SUNP-6) de San Lázaro, promovido por Metrovacesa.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP número 283, do día 12 de decembro de 2000, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2000.

Luis Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo