Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 23 de outubro de 2000, aprobou inicialmente o estudio de detalle do solo urbanizable non programado número 9 (SUNP-9) de Belvía, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

O ámbito obxecto de ordenación correspóndese co Plan parcial do SUNP-9, e está comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: Compañía de María.

Sur: número 3 do camiño da Ameixaga e números 117 ó 137 da Avda. de Lugo.

Leste: seminario e campo de deportes do seminario.

Oeste: propiedades do números 2 ó 30 da rúa do Sar, canle pola traseiras dos números 5 ó 21 da rúa do Olvido.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Edicto.

De conformidade co previsto no artigo 121.1º da Lei do solo de Galicia, este anuncio servirá de citación, en forma legal, ós propietarios que non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública por descoñecerse a súa identidade ou o seu paradoiro. Para este fin insírese a seguir a relación de parcelas e propietarios afectados, segundo a información remitida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

ParcelaPropietarioM

1Instituto Galego da Vivenda e Solo11.059

2Alfonso Magán Conde821

3Instituto Galego da Vivenda e Solo15.656

4-AMaría Tarsilla Lojo3.705

4-BMª Josefa Barros Lojo3.705

5Ramón Mirá Paz163'5

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2000.

P.D.

Luis Toxo Ramallo

Alcalde