Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

Proxecto de compensación do polígono nº 1 da unidade de actuación nº 2 do PXOU rúa Luis Otero e avenida de Compostela, formulado por Prycoga, Sociedad Limitada: toma de coñecemento da formulación pola propiedade única equivalente á aprobación inicial da xunta de compensación.

A Comisión de Goberno, en sesión do 27-11-2000, acordou tomar coñecemento do proxecto de compensación do polígono nº 1 da unidade de actuación nº 2 do vixente PXOU situado entre a rúa Luis Otero e a avenida de Compostela, formulado e inicialmente aprobado por Prycoga, Sociedad Limitada -condi

ción de propietaria única da totalidade dos terreos que o integran- e presentado a esta Administración municipal polo seu administrador único, Enrique Ramírez Piñeiro, sendo redactado polos avogados María Teresa Pazos Currás e Andrés Méndez González e presentado no rexistro xeral do concello o 26 de setembro pasado, dispoñéndose a anulación daquelas determinacións e documentos integrantes del que fagan referencia á obriga de achegar economicamente o concello calquera gasto que puidese corresponderlle como Administración receptora do dez por cento do aproveitamento tipo, polo custo de redacción de proxectos e a xestión do Plan especial, do proxecto de urbanización e das propias obras de urbanización; adóptase acordo de exoneración ó concello desas obrigas económicas, en función do ofrecemento efectuado ó respecto pola citada sociedade representada polo seu administrador único, o día 13-11-2000, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo de vinte días, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (Fomento), na rúa Churruchaos desta cidade, a documentación aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 15 de decembro de 2000.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Teniente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental