Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (592/2000).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria realizada o día 26 de outubro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da rúa do Liño do PXOU de Ourense, por instancia de Juan Carlos Vázquez Vázquez en representación de Vázquez y Rodríguez Promociones Inmobiliarias Ourense, S.L., coas condicións técnicas fixadas polo Servicio de Enxeñería no informe do 4 de maio e 27 de xuño de 2000 e polo Servicio Eléctrico no seu informe do 25 de maio de 2000, e pola Oficina Técnica do Servicio de Planeamento e Xestión Urbanística no seu informe do 3 de agosto de 2000, e logo de constitución de garantía polo importe do orzamento da execución por contrata, 10.336.587 pesetas co obxecto de asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 8 de novembro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente