Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOECHE

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía con data do 23 de outubro de 2000, prestouse aprobación ó sistema de selección e ás bases da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de auxiliar administrativo de Administración xeral vacante no cadro de persoal deste concello e incluída na oferta de emprego público para o ano 2000.

Persoal funcionario.

Posto: auxiliar administrativo, grupo D, escala Administración xeral.

Nº de prazas: unha.

Publicación íntegra das bases da convocatoria: BOP da Coruña nº 258, do 10 de novembro de 2000.

Prazo de presentación de instancias: os vinte días naturais seguintes ó da publicación do extracto da convocatoria no BOE.

Sistema de selección: promoción interna por oposición.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos do concello.

Moeche, 14 de novembro de 2000.

Xulio Cribeiro García

Alcalde