Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do día 20 de outubro de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle redactado polo arquitecto Pedro Novo Arcay por instancia de Carmen Negreira Regueira en representación dos herdeiros Santiago Vidal Rodríguez, referido ó solo urbano na área delimitada polo citado estudio.

Segundo.-Que se publique o presente acordo no Diario Oficial de Galicia, e se lles notifique ós interesados.

O que se fai público para xeral coñecemento, podendo interpoñerse contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou a presente resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigos 16 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola lei, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1988, do 12 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Malpica de Bergantiños, 6 de novembro de 2000.

José R. Varela Rey

Alcalde