Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.783

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Real Aero Club de Vigo.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Real Aero Club de Vigo, con nº de código 3600022, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-10-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo delegado de persoal, con data do 15-9-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 2 de novembro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para a empresa Real Aero Club de Vigo

Condicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio regulará a partir da data da súa entrada en vigor as relacións laborais entre a empresa Real Aero Club de Vigo e os seus productores.

Artigo 2º.-Vixencia.

Sen prexuízo da entrada en vigor por aprobación da autoridade laboral e publicación no BOP, os seus efectos económicos comezarán a rexer a partir do 1 de xaneiro de 2000.

Artigo 3º.-Duración e prórrogas.

A duración deste convenio será dun ano contado a partir da data da súa entrada en vigor, ata o 31 de decembro de 2000. Este convenio entenderase denunciado para tódolos efectos a partir do 1º de outubro de 2000, data en que as partes se comprometen a inicia-las negociacións dun novo convenio. Se no transcurso deste ano 2000 se asinase un convenio de ámbito provincial no sector de espectáculos

e deportes, a partir desta data sería necesaria unha nova nogociación.

Condicións laborais

Artigo 4º.-Vacacións.

O persoal comprendido neste convenio desfrutará dun período anual de vacacións de trinta días naturais.

Artigo 5º.-Días non recuperables.

Os días non recuperables considéranse como horas extras, independientemente de que coincidan en descanso semanal, e deberán ser aboados nos meses que corresponda ó 175%. Terán esta mesma consideración os días 24 e 31 de decembro.

Artigo 6º.-Horario laboral.

O horario de traballo nas distintas seccións do club estenderase, con carácter xeral, desde as 7.30 da mañá, ata as 12 da noite de luns a venres, e 1.30 horas da madrugada os sábados. Dentro destas horas desenvolverase a xornada legal de 40 horas semanais por traballador. Para tal efecto, e con referencia a cada unha das actividades que o club desenvolve, establécese o cadro horario específico para cada unha daquelas que se lle xunta ó presente convenio.

Artigo 7º

Os traballadores que presten os seus servicios en domingos terán dereito a desfrutar un domingo de cada tres.

Artigo 8º.-Uniformes.

A empresa dotará o persoal con uniforme completo, incluído calzado adecuado, cada dous anos. Ós traballadores que realicen o seu traballo no campo a empresa proveraos con roupa de abrigo e de auga.

Artigo 9º.-Vestiario e aseos.

A empresa porá ó servicio do persoal vestiarios e aseos dotados de armarios, ducha e demais accesorios propios destes servicios, nas instalacións de Peinador, así como no local da r/ Reconquista.

Artigo 10º.-Excedencias.

O persoal afectado polo presente convenio, que leve 2 anos ó servicio efectivo na empresa, terá dereito a solicita-la excedencia voluntaria por un prazo non inferior a un mes nin superior a 5 anos, estando obrigada a empresa ó reingreso do excedente que o solicite, alomenos cun mes de antelación da terminación do tempo de excedencia, e non poderá volver á situación de excedencia voluntaria ata transcorridos dous anos da terminación de excedencia. Ben entendido que a obrigatoriedade por conta da empresa de reincorpora-lo excedente é inescusable, contratándose para estes supostos unha persoa que substitúa o excedente cun contrato da mesma duración da excedencia.

Artigo 11º.-Licencias.

O persoal terá dereito a que se lle conceda permiso, con percepción dos salarios correspondentes, nos seguintes casos e polo tempo que se expresa:

1. Catro días por falecemento do cónxuxe, pais, fillos e pais do cónxuxe.

2. Dous días por falecemento de irmáns, irmáns políticos, netos e avós.

3. Un día por voda de fillos ou irmáns.

4. Catro días por parto de esposa.

5. Vinte días por voda do interesado.

6. Dous días por enfermidade grave, internamento en centro hospitalario ou falecemento de parentes ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade. En desprazamentos fóra da provincia, dous días máis.

Artigo 12º.-Revisión médica.

A empresa efectuaralles ós seus traballadores unha revisión médica cada ano, sempre e cando esta veña solicitada a través do delegado de persoal.

Artigo 13º.-Comedores.

A empresa porá á disposición do persoal que teña que comer no centro de traballo un local adecuado.

Condicións económicas

Artigo 14º.-Retribucións.

Na táboa salarial anexa sinálanse as retribucións correspondentes a cada categoría do persoal. As ditas retribucións serán consideradas como base do cálculo para tódolos efectos.

Artigo 15º.-Antigüidade.

Os aumentos periódicos por anos de servicio consistirán en trienios do 10% para o primeiro e o 6% para o segundo, ata un máximo do 60%. O tanto por cento calcúlase sobre o salario base, sempre dentro dos límites que marca a lei.

Artigo 16º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado polo presente convenio recibirá anualmente tres pagas extraordinarias, polo importe dunha mensualidade, que serán efectivas nos días 31 de marzo, 17 de xullo e 15 de decembro.

Artigo 17º.-Incapacidade temporal.

Nos casos de enfermidade ou accidente que produza internamento en centro asistencial, a empresa aboaralles ós traballadores afectados unha cantidade que, engadida ás prestacións que aboa a Seguridade Social, complete o 100% do seu salario real, por incapacidade temporal. Tamén se aboará o dito 100% nos casos de accidente laboral producido dentro do centro de traballo, a partir do 5º día da baixa.

Artigo 18º.-Nocturnidade.

Establécese un complemento de nocturnidade polos traballos realizados despois das 22 horas, con exclusión dos correspondentes ós serenos, nunha cantidade de 7.124/8.411 pesetas mensuais, que se farán constar na nómina dos traballadores afectados por aquela circunstancia. Este complemento incrementarase cada ano co tanto por cento acordado na táboa salarial.

Artigo 19º.-Manutención.

A empresa aboará por este concepto 27.864 pesetas mensuais. Esta cantidade incrementarase anualmente na mesma porcentaxe en que se incremente a táboa salarial.

Artigo 20º.-Bolsas.

A empresa establece para axuda dos estudios dos fillos dos productores dúas bolsas anuais por un importe de 30.000 pesetas cada unha. Para tal efecto durante o mes de agosto de cada ano, os productores interesados presentarán documentación de méritos escolares do beneficiario para quen se solicite e indefectiblemente as notas obtidas no curso anterior. Para

poder beneficiarse delas, as notas terán que acadar un nivel mínimo de aprobado.

Artigo 21º.-Premio de xubilación.

Chegada a idade de xubilación e no momento en que o traballador cese na empresa, percibirá un premio equivalente ó importe de dúas mensualidades do seu último salario en activo, no caso de que levase ó servicio efectivo dela máis de 5 anos e menos de 10. Este premio elevarase á cifra de tres mensualidades no suposto de que os anos ó servicio efectivo dela fosen 10.

Se o traballadore falecese antes da súa xubilación cumprindo calquera dos prazos de servicio efectivo na empresa que sinala o parágrafo anterior, a indemnización será percibida polo seu cónxuxe, ou no seu defecto polos fillos ou ascendentes maiores de 70 anos. Nestes casos os importes de indemnización serán de tres mensualidades, se o servicio efectivo do traballador na empresa estivese comprendido entre os 5 e os 10 anos; de 6 mensualidades entre 10 e 15 anos; de 9 mensualidades entres os 15 e 20 anos e de 12 mensualidades de 20 en diante.

Artigo 22º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte para o persoal de campo nunha contía de 5.572 pesetas, que se aboarán mensualmente nos doce meses do ano. Este concepto incrementarase anualmente na mesma porcentaxe en que se incremente a táboa salarial.

Artigo 23º.-Bolsa de Nadal.

Os traballadores percibirán da empresa a bolsa de Nadal en decembro.

Disposicións derradeiras

Artigo 24º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non previsto no presente convenio haberá que aterse ó que dispón a Regulamentación de traballo para os locais de espectáculos e deportes, e demais de xeral aplicación.

Artigo 25º

Con idéntico termo de vixencia có convenio, queda constituída unha comisión paritaria co cometido específico de coñecer e pronunciarse sobre cantas cuestións de interpretación sobre o estipulado nel lle sexan formalmente sometidas. A comisión estará composta por dous membros; cada unha das partes designará un. Os ditos membros designados por cada parte deberán pertencer á comisión negociadora do convenio.

Os pronunciamentos da comisión non privarán do dereito ó uso das vías administrativas ou xurisdiccionais.

Artigo 26º

O presente convenio está asinado polo delegado de persoal e polo secretario.

Polo delegado de persoalPola empresa

RubricadoRubricado

Táboa salarial 2000

Incremento 3,5%

Instructor de voo128.903

Oficial de 3ª96.986

Persoal administrativo

Xerente124.333

Oficial 1º administrativo106.603

Aux. administrativo93.286

Persoal campo

Xardineiro xefe99.332

Xardineiro93.286

Peón93.286

Persoal subalterno

Conserxe96.985

Sereno93.286

Persoal limpeza93.286

Máster Caddy93.286

Persoal bar

Cociñeiro93.286

Camareiro93.286

Complemento transporte5.572

Polo delegado de persoalPola empresa

RubricadoRubricado

Cadro horario

Sección camareiros reconquista:

Días laborables: das 16 horas ás 23 horas.

Sábados: das 16 horas ás 24 horas.

Os descansos son alternos.

Sección conserxería:

Das 16 horas da tarde ás 23 horas da noite.

Sección limpeza:

Local reconquista: das 8 horas ás 12 horas e das 17 horas ás 20 horas.

Peinador: das 9 horas ás 12.30 horas e das 15 horas ás 18.30 horas.

Sección xardinería:

Das 8.30 horas ás 12.30 horas e das 14 horas ás 18 horas da tarde.

Sección hangar:

Verán: das 9.30 horas ás 13.30 horas e das 16 horas ás 20 horas da tarde.

Inverno: das 9.30 horas ás 13.30 horas e das 15 horas ás 19 horas da tarde.

Sección oficina:

Inverno: das 9 horas da mañán ás 17 horas da tarde.

Verán: das 9 horas da mañán ás 19 horas da tarde.

Sereno:

Das 22 horas da noite ás 7 horas da mañá.

Máster Caddy:

Das 8 horas da mañá ás 22 horas da tarde.

Persoal bar Peinador:

Inverno: das 10 horas da mañá ás 21 horas da tarde.

Verán: das 10 horas da mañá ás 22 horas da tarde.

Polo delegado de persoalPola empresa

RubricadoRubricado