Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.782

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 24 de novembro de 2000 pola que se declara a alienabilidade de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Brión, Ortigueira, Pontedeva, Gondomar e Vigo.

Polos decretos 186/2000, do 7 de xuño (DOG nº 138, do 17 de xullo), e 275/2000, do 26 de outubro (DOG nº 224, do 20 de novembro) desafectáronse, entre outros, varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Brión, Ortigueira, Pontedeva, Gondomar e Vigo.

Unha vez obtida a inscrición nos correspondentes rexistros da propiedade dos ditos bens inmobles a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico destes bens patrimoniais.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio e logo do informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade dos bens inmobles que se describen a continuación:

1. Casa-almacén situada no lugar ó que lle chaman Monte das Pedriñas, parroquia de Santa Minia, municipio de Brión (A Coruña), que ten unha superficie de 93,5 m. Estrema: norte, patio das escolas nacionais; sur e leste, camiño das Pedriñas; e oeste, patio do cuartel da Garda Civil.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira no tomo 659, libro 132, folio 163, predio nº 14.280, inscrición 2ª.

2. Edificio nº 9 situado na avenida Francisco de Santiago da vila de Ortigueira (A Coruña), composto de dúas plantas; o baixo ocupa unha superficie de 256,34 m, e o sobrado 172,8 m. Pola parte posterior ten un terreo unido de 110 m que se sirve directamente desde a rúa, por medio dun corredor que ten 48,72 m. Estrema o conxunto: fronte, coa citada avenida; costas, con serventía de a pé de servicio privado e terreo máis baixo de Guillermo e María Caula Rubido e outra e José Docanto Corral; dereita entrando, con garaxe e horta de José Pumar Pita; e esquerda, casa e terreo de Hortensia Bouza Paz.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ortigueira no tomo 211, libro 125, folio 112, predio nº 13.605, inscrición 3ª.

3. Edificio nº 6 situado na avenida Francisco de Santiago da vila de Ortigueira (A Coruña), composto

de planta baixa e un piso, que mide 95,2 m. Estrema: fronte, coa citada avenida; dereita entrando, con casa dos herdeiros de Andrés Peña Fernández; esquerda, almacén da extinta Irmandade, hoxe Inmaculada Espiñeira Soto; e fondo ou traseira, terreo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ortigueira no tomo 211, libro 125, folio 113, predio nº 13.606, inscrición 3ª.

4. Terreo inculto na parte posterior do edificio e antigo almacén da Cámara Agraria Local de Ortigueira, hoxe Comunidade Autónoma de Galicia, e de Antonio Río García, situado na avenida de Francisco de Santiago, s/n, de Ortigueira (A Coruña), que ten unha superficie de 90 m, e estrema: casas e patios dos herdeiros de Peña Fernández; esquerda, José Canoura Dorado e Antonio Río García; fondo, Cesáreo Cobelo López; e fronte, Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ortigueira no tomo 211, libro 125, folio 115, predio nº 13.608, inscrición 3ª.

5. Edificio de planta baixa de 64 m, construídos sobre un soar de 400 m en total, situado no lugar do Rolo, parroquia de Freáns, municipio de Pontedeva (Ourense). Estrema: norte, leste e oeste, camiño público; sur, herdeiros de Hermelinda Vázquez Arias.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Celanova no tomo 621, libro 17, folio 80, predio nº 1.985, inscrición 2ª.

6. Edificio que consta de soto, planta baixa e piso alto, que ocupa 154,66 m do seu soar que ten unha superficie total de 323 m, situado no lugar que lle chaman A Tata ou Campo da Feira, hoxe rúa Elduayen, nº 12, da vila e municipio de Gondomar (Pontevedra). Estrema: norte e oeste, resto do predio principal do que se segregou de Manuel Alonso Gonda, en liña respectivamente de dezanove e dezasete metros; sur, avenida de Elduayen ou estrada de Gondomar á Ramallosa, cunha lonxitude de dezanove metros; e leste, río Vilaza, en liña de dezasete metros.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de nº 2 de Vigo no tomo 1.755, libro 94, folio 205, predio nº 6.824, inscrición 6ª.

7. Casa de dúas plantas con terreo que o circunda cunha extensión de 63 m, situada no barrio de Tarrío, parroquia de Coruxo, municipio de Vigo (Pontevedra), que linda: norte, con canteira; sur, camiño; leste estrada de Vigo a Baiona; e oeste, casa e terreo de Basilio Prado Comesaña.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 3 de Vigo no tomo 1377, libro 490, folio 129, predio nº 7.630, inscrición 4ª.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda