Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 20 de decembro de 2000 Páx. 16.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de contratos de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das admi

nistracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade á adxudicación da seguinte contratación:

I. Adquisición de equipamento de material para área cirúrxica con destino ó Hospital Abente e Lago A Coruña.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS-32/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de material área cirúrxica.

c) Lote: 2 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 80, do 26 de abril de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e oito millóns trescentas cincuenta mil pesetas, IVE incluído (38.350.000 pesetas, IVE incluído) (230.488,14 euros).

Lotes nº 1: 14.250.000 pesetas (85.644,22 euros).

Lotes nº 2: 24.100.000 pesetas (144.843,92 euros).

5. Adxudicación.

Lote nº 1: equip. lámpadas cirúrxicas.

a) Data: 20 de xullo de 2000.

b) Contratista: Air Liquide Medicinal, S.L.U.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trece millóns vintecinco mil pesetas, IVE incluído (13.025.000 pesetas, IVE incluído) (78.281,83 euros).

Lote nº 2: equip. mesas cirúrxicas.

a) Data: 20 de outubro de 2000.

b) Contratista: Fundación García Muñoz, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vintecatro millóns cen mil pesetas, IVE incluído (24.100.000 pesetas, IVE incluído) (144.843,92 euros).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta

resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos