Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 20 de decembro de 2000 Páx. 16.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador E.N. 66/2000 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as propostas de resolucións dictadas pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, se están a tramitar nesta delegación.

Para efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 10 de novembro de 2000.

José Luís Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: E.N. 66/2000.

Denunciado: Juan José Falda Rodríguez; enderezo: r/ Ramón Cabanillas, nº 105-2º. Moaña.

Feitos denunciados: estacionar un vehículo en espacio natural protexido. Os axentes denunciados observaron como se atopaba estacionado o vehículo tipo motociclor marca Aprilla, modelo Sonic-50, matrícula C-6895-BFV existindo un cartel que informa da prohibición da circulación de vehículos fóra das pistas do dito espacio natural protexido. Feitos denunciados ás 17.30 horas do día 1 de agosto de 2000, no Viñó, Barra-O Hío, no concello de Cangas.

Data do acordo da incoación: 4-9-2000.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 11-10-2000.

Precepto infrinxido: 38.2º, da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natural 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: 38.2º, da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 pesetas.

Expediente: E.N. 71/2000.

Denunciado: José Bernardo Vázquez Aldrover; enderezo: r/ 2ª Travesía Toledo nº 5-4º. Vigo.

Feitos denunciados: circular cun vehículo por dunas e praia. Os axentes denunciantes observan estacionado nas dunas o vehículo-turismo marca Fiat modelo Punto, matrícula PO-6768-BS, existindo un cartel que informa da prohibición da entrada ó lugar. Feitos denunciados ás 15.17 horas do día 6 de agosto de 2000, nas dunas da praia de Melide, no Hío-Cabo Home, concello de Cangas.

Data do acordo da incoación: 4-9-2000.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 11-10-2000.

Precepto infrinxido: 38.2º, da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relacióna coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natural 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: 38.2º, da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 pesetas.

Expediente: E.N. 78/2000.

Denunciado: Eduardo González Rodríguez; enderezo: subida ó Rebullón nº 14. Mos.

Feitos denunciados: circular cun vehículo por dunas e praia. Os axentes denunciantes observaron estacionado nas dunas o vehículo-turismo marca Seat modelo Ibiza, matrícula PO-0316-BD, existindo un cartel que informa da prohibición da entrada ó lugar. Feitos denunciados ás 15.17 horas do día 6 de agosto de 2000, nas dunas da praia de Melide, no Hío-Cabo Home, concello de Cangas.

Data do acordo da incoación: 4-9-2000.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 19-10-2000.

Precepto infrinxido: 38.2º, da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natural 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: 38.2º, da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 pesetas.