Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 20 de decembro de 2000 Páx. 16.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 16 de novembro de 2000 pola que se aproba o cambio de dominio das bateas Abra III, Marpesa XII e Rocamar XLVI.

Vistos os expedientes instruídos para efectos de transmisión das bateas Abra III, Marpesa XII e Rocamar XLVI, e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

A) Antecendentes de feito.

Primeiro.-Mediante escritos do 31-5-2000, Andrés Calvo Rosendo (DNI: 35.226.656) solicitou autorización para transmisión das concesións das bateas Abra III, Marpesa XII e Rocamar XLVI.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características das bateas e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación dos expedientes son favorables.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-Os expedientes seguiron tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de

réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión inter vivos a favor de Calvo Louzao, S.L. (NIF: B36357820), das concesións administrativas dos viveiros que se indican a continuación e das que é titular na actualidade Andrés Calvo Rosendo (DNI: 35.226.656).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Abra III.

Localización: cuadrícula nº 24. Polígono: B. Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 21-11-1958 (BOE 299).

Remate da vixencia: 15-12-2003.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Marpesa XII.

Localización: cuadrícula nº 2. Polígono: E. Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 6-4-1987.

Remate da vixencia: 14-5-2007.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Rocamar XLVI.

Localización: cuadrícula nº 18. Polígono: A. Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 26-11-1958 (BOE 299).

Remate da vixencia: 15-12-2003.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen achega-la documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 16 de novembro de 2000.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo